Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alta participación no servizo da Deputación de Lugo para permitir o labor telemático nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alta participación no servizo da Deputación de Lugo para permitir o labor telemático nos concellos

Redacción
Publicado: 14/04/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_pleno_telematico_0-2.jpgA Deputación de Lugo vén de facer balance do seu servizo gratuíto de cooperación cos concellos que impulsou con motivo do COVID-19 para achegarlles asistencia técnica, asesoramento e colaboración con vistas ao desenvolvemento telemático de plenos, xuntas de goberno e órganos colexiados. Segundo informou a Deputación, o servizo está a ter moi boa acollida.
“Dende o día que demos a coñecer esta prestación, hai pouco máis dunha semana, xa percibimos interese por esta iniciativa que facilita a xestión municipal na actual situación de crise sanitaria”, subliñou a Deputación, engadindo que concellos como o de Xermade xa fixaron estes días a celebración dun leno de maneira telemática co soporte técnico da entidade provincial e outros, como os de Burela, Foz ou Lugo, puxéronse en contacto co servizo provincial de Novas Tecnoloxías para pedir asesoramento e información e para resolver dúbidas.
Con esta iniciativa, a Deputación continúa adoptando as decisións ao seu alcance para cooperar coas administracións locais na loita para paliar os efectos da crise sanitaria, axudándolles a que podan seguir traballando, “coa maior normalidade posible”, en todos aqueles trámites que teñen como obxectivo a mellor atención á veciñanza.
O soporte técnico ofrecido pola Deputación permite ós concellos que poidan continuar celebrando en condicións de seguridade e eficacia todas aquelas sesións de órganos colexiados que resultan importantes ou mesmo imprescindibles para sacar adiante trámites, procedementos ou medidas que inciden no benestar da cidadanía e no impulso da actividade económica do municipio.
Este novo servizo gratuíto de cooperación cos concellos funciona baixo demanda a través do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación. Opera a través dunha aplicación de videoconferencias na Rede que permite conexións entre todo tipo de dispositivos (ordenadores de sobremesa e portátiles, teléfonos móbiles ou tabletas).
O servizo de Novas Tecnoloxías estuda a particularidade de cada consistorio solicitante e recoméndalle a solución tecnolóxica máis acorde coas súas características e medios. Ofértanse varias opcións de colaboración, dende só asesoramento ata facer un seguimento de toda a sesión e a retransmisión por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?