O Concello de Ponteareas, a través da súa área de Cultura, lanzou este luns 20 de abril no Facebook e máis no Twitter unha nova versión do célebre tema musical Estou na lavadora, un clásico da agrupación local O Caimán do Río Tea, sen dúbida unha das máis grandes bandas da xeración Xabarín. O lanzamento do vídeo formou parte da longa listaxe de actividades que está a desenvolver nas redes o Concello, todas elas co nexo común de combater a monotonía do confinamento entre a cidadanía. Pois ben, a nova versión de Estou na lavadora tivo a mesma sorte que o tema orixinal nos seus tempos da TVG (onde aínda se segue a escoitar) converténdose en fenómeno viral e superando, en menos dunha hora, as dez mil visualizacións.
Os grupos e músicos de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova contribución ao tema, rebautizándoo cun novo título: Estou na corentena. Participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.
O concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacou a boa acollida deste videoclip.
A nova versión de Estou na lavadora acada as dez mil visualizacións nunha hora
Compartir Este Artigo

