Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros de Telecomunicación celebran o centenario da súa profesión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros de Telecomunicación celebran o centenario da súa profesión

Redacción
Publicado: 22/04/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

logo_100_coit_horizontal.jpgO Colexio Oficial e a Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia recoñecen a creación do título de Enxeñeiro de Telecomunicacións o 22 de abril de 1920 como o nacemento oficial da profesión e por iso desenvolverán unha serie de eventos conmemorativos ao longo de 2020.
Con esta celebración tanto o Colexio como as Asociacións queren facer un recoñecemento para todos os profesionais que ao longo de 100 anos contribuíron co seu talento e esforzo ao avance e consolidación do sector.
Un século despois do nacemento do título de Enxeñeiro de Telecomunicación, o nome da profesión segue sendo o mesmo, pero o papel das telecomunicacións creceu exponencialmente. Hoxe, convertéronse nun alicerce básico para toda a actividade humana. A industria, os servizos, o transporte, o comercio, o ensino, ou a sanidade, precisan dun sistema robusto de telecomunicacións para desenvolver a súa actividade con éxito.
Un exemplo deste papel crucial é a crise sanitaria ocasionada a pandemia da COVID-19. As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións están a facer posible que a sociedade siga funcionando a pesar das necesarias restricións de movemento para a poboación e a paralización da economía.

Un ano cheo de celebracións

O Colexio e as Asociacións, co apoio de toda a súa estrutura territorial, puxeron en marcha unha serie de iniciativas e eventos cun enfoque común: Enxeñeiros de Telecomunicación: 100 anos conectando emocións. Para este fin, cóntase coa colaboración de universidades que imparten o título de Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación, de empresas do sector e da Administración Pública, así como do amplo colectivo de colexiados.
Hoxe, 22 de abril, celebrarase o centenario do título cunha xornada virtual na que varios Enxeñeiros de Telecomunicación con diferentes perfís (recoñecidos directivos do sector, emprendedores, responsables públicos…) debaterán sobre o papel da profesión ao longo deste século e, especialmente, sobre o seu papel no futuro.
Igualmente, o COIT/AEIT está a preparar, posiblemente para o mes próximo se as circunstancias o permiten, un acto en colaboración co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dado que en maio tamén se celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Ademais dos actos citados, e outras actividades que se irán anunciado nos próximos meses, tamén se prevé a realización dun vídeo conmemorativo protagonizado polos propios colexiados, a publicación de distintos libros e de reportaxes e artigos na revistas e webs corporativas. Igualmente, propúxose a emisión dunha medalla, dun décimo de lotaría e un selo conmemorativo, ademais da posta en marcha dos premios “Impacto Social da Tecnoloxía”. Ao longo dos próximos meses, este programa irase ampliando con novas convocatorias e iniciativas.
Ademais de reivindicar unha historia centenaria e chea de fitos relevantes, o Colexio e as Asociacións tamén queren aproveitar a celebración dos 100 anos do título oficial para visibilizar o traballo dos Enxeñeiros de Telecomunicación. Tan importante como coñecer o noso pasado é diagnosticar o presente e afondar na prospección do futuro, porque a dixitalización xa está a cambiar o mundo e isto colócanos en primeira liña das múltiples transformacións que está vivindo a sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?