Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Telecomunicación da UVigo conmemora o centenario dos seus estudos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Telecomunicación da UVigo conmemora o centenario dos seus estudos

Redacción
Publicado: 24/04/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escola_telecomunicacion_vigo.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo sumouse este venres 24 de abril á celebración da Enxeñaría de Telecomunicación, que festexa estes días, contra vento, marea e crises sanitarias, o centenario da súa creación. A escola conmemora estes cen anos de historia poñendo de relevo “a importancia das telecomunicacións na sociedade actual”. En palabras de Íñigo Cuiñas, director da escola, “a evolución da titulación vai moi en paralelo á evolución da tecnoloxía, e con ela, da sociedade neste século”.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e a Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación, en colaboración cos centros universitarios que imparten o título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación, entre eles o da Universidade de Vigo, tiñan previsto unha serie de eventos que debido ao coronavirus tiveron que ser aprazados. Porén, a crise sanitaria actual non impide lembrar esta efeméride e destacar como esta “non celebración” é tamén unha “celebración” do dito aniversario, explica Cuiñas, salientando que “grazas á telecomunicación a nosa sociedade está a manter unha actividade académica, laboral e social nun período no que non debemos saír dos nosos fogares”.
Unha ollada ao pasado e ao presente
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, lembra o seu responsable, naceu en 1985 como Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación, daquela adscrita á Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Vigo. “Foi un centro creado para impartir unha única titulación, a de Enxeñaría de Telecomunicación, que daquela só se impartía na Universidade Politécnica de Madrid e na Universidade Politécnica de Cataluña”, comenta Íñigo Cuiñas. A creación desta escola en Galicia, subliña o seu director, “supuxo a primeira oportunidade para formar enxeñeiros e enxeñeiras de Telecomunicación fóra dos grandes polos económicos e políticos de España, supuxo o achegamento das novas tecnoloxías e da modernidade a Galicia e ao noroeste peninsular en xeral e unha oportunidade que a industria foi quen de aproveitar desenvolvendo capacidades e proxectos que non existirían noutras circunstancias”. Nos primeiros anos trala súa creación, a EE de Telecomunicación “foi un fervedoiro de novas, de ideas, de proxectos, de iniciativas…”. O paso do tempo, sinala, “trouxo a madurez e con ela un pouso de experiencia sumado á iniciativa e a capacidade que tiña inicialmente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?