Hoxe pola tarde, celébrase da man de Startup Galicia Furancho Open Space, unha actividade sobre moitas cousas diferentes e complementarias (coñecemento, emprendemento, tecnoloxías libres para compartir e enriquecer, recursos innovadores para combater crises sanitarias e minimizar os efectos da pandemia e das restricións á actividade presencial) que se presenta en formato de encontro-debate virtual e que ten o obxectivo, segundo apuntan os seus organizadores, de abordar conxuntamente os retos que teñen por diante as novas firmas innovadoras e as empresas do sector TIC galegas.
Dende Coruña Dixital, colaboradora da iniciativa, lembran que malia que inicialmente ía ser un open space nun lugar especial, este formato tivo que desbotarse a causa da situación de corentena actual, polo que finalmente optouse por celebrar o evento no espazo dixital.
As persoas que se inscriban neste Furancho Open Space Virtual poderán ser relatores e asistentes e poderán tamén elixir os temas a tratar. Para máis información cómpre visitar a web de Startup Galicia.
Esta tarde celébrase a Startup Galicia Furancho Open Space
Compartir Este Artigo

