Proseguen adiante as actividades formativas virtuais do Centro Demostrador TIC de Galicia, en colaboración coa Asociación Compostela Monumental e co obxectivo de achegar formación avanzada ás nosas PEME, autónomos e profesionais para que avancen durante o Estado de Alarma nos seus procesos de dixitalización e consigan fortalecerse de cara ao remate gradual da crise. As dúas entidades lembran que este mércores 29 de abril celébrase online unha charla específica para o sector comercial e empresarial, unha sesión para dar pasos en materia de marketing dixital.
Este mércores día 29 de abril celebrarase a charla, Mautic: automatiza de forma sinxela as túas accións de mercadotecnia, impartido pola empresa Hacce, referente galego e estatal desde hai 15 anos no desenvolvemento de plataformas dixitais. A charla poderase seguir por medio de streaming, en horario de 10:00 a 10:45 horas, e nela explicaranse as posibilidades de Mautic na Mercadotecnia Automotion, as vantaxes desta ferramenta para o noso negocio e máis unha demostración práctica sobre o seu funcionamento.
O potencial de Mautic para facernos avanzar en mercadotecnia dixital, este mércores da man do CDTIC
Compartir Este Artigo

