
Así llelo comunicaron este 29 de abril o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e a directora de GAIN, Patricia Argerey, aos vicerreitores de Investigación das tres universidades galegas e ás direccións dos centros de investigación afectados (o delegado institucional do CSIC en Galicia e directores dos centros do CSIC radicados en Galicia, os centros do IEO radicados en Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia e outros organismos públicos de investigación), en sendas reunións celebradas por videoconferencia.
Os programas e convocatorias aos que afectará esta medida son os contratos predoutorais dos anos 2016, 2017, 2018 e 2019, así como os posdoutorais dos anos 2017 (modalidade A), 2018 (modalidade A e B) e 2019 (modalidade A e B). En total, o número de persoas investigadoras beneficiadas ascende a 436.
Educación e GAIN protexen a investigación galega da crise da COVID-19
Compartir Este Artigo

