Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ribeira brinda unha masiva oferta formativa anti-COVID: 88 cursos de balde e online
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ribeira brinda unha masiva oferta formativa anti-COVID: 88 cursos de balde e online

Redacción
Publicado: 30/04/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribeira_formacion_online.jpgDebido á actual situación na que nos vemos envoltos, utilizar este tempo no noso fogar para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos tras o confinamento, é unha das mellores formas de combater a situación económica actual. Por iso, o Concello de Ribeira a través da súa nova iniciativa Ribeira Academy, aposta pola formación onlinecoa maior oferta gratuíta neste eido na historia da comarca de Barbanza, erixíndose nunha das medidas articuladas para facer fronte ao actual estado de alarma xerado pola COVID-19, tal e como explicou o alcalde Manuel Ruiz.
Inscricións dende as cero horas do 1 de maio
Consiste en 88 cursos online en múltiples disciplinas para un total de 1.000 prazas. O prazo de inscrición comeza o Día de Traballo, 1 de maio, e finalizará en canto se esgoten as prazas dispoñibles. Como requirimentos para realizar esta formación integramente virtual tan só serán ser maior de 16 anos e estar empadroado/a en Ribeira. Os interesados e as interesadas poderán anotarse no curso que desexen a través propia web, onde cada un deles conducirá a un formulario no que cómpre introducir unha serie de campos (nome, DNI, teléfono e enderezo electrónico). Como máximo cada usuario poderá escoller un curso,cunha excepción: no caso de inscribirse nalgún de Office, Adobe Photoshop ou idiomas poderá compaxinalo con outro da oferta.
Ribeira.
Academy é unha medida deseñada especialmente para persoas en desemprego, traballadores en ERTE, profesionais autónomos e traballadores de PEMES, con todo, todos os habitantes poderán solicitar o curso que desexen e adquirir a súa praza.
Dende a súa inscrición, os usuarios dispoñen de 3 meses para poder
completalo, cunha forma integramente online 24 horas do día, calquera día da semana.
20 categorías
Os alumnos-as recibirán un diploma acreditativo ao finalizar o curso.
Pódese elixir entre unha gran variedade de materias formativas (hai 20 categorías) e horas de duración (entre 10 e 210 horas), desde un curso de idiomas ata formación en nutrición e saúde. Tamén se ofertan cursos en áreas máis técnicas como programación ou sistemas e bases de datos, que sen dúbida serán competencias moi demandadas na dixitalización que experimenta o mercado.
Toda a información sobre Ribeira Academy e as particularidades desta oferta formativa poderanse consultar de forma detallada en http://www.ribeira.academy/ unha vez abra o prazo de inscrición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?