Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mellores mensaxes de Lingua de Namorar 2020 xa teñen recoñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mellores mensaxes de Lingua de Namorar 2020 xa teñen recoñecemento

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/05/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lingua_de_namorar_2020_moza_escribindo.jpgA nova edición (a novena) do certame Lingua de Namorar, impulsado por Política Lingüística e Xuventude para facer voar o talento poético e literario da mocidade a través das novas tecnoloxías (convidando a rapazas e a rapaces a expresar o seu sentir persoal a través de mensaxes de texto), xa ten gañadoras e gañadores. Segundo informan as entidades organizadoras, trátase de media ducia de importantes contribucións á normalización do galego nas redes e á linguaxe amorosa xuvenil. O palmarés compúxose das seguintes achegas: Retórica (Nee Barros, Marín), Primavera (Ana Loureiro, Caldas de Reis), Ao altar (María Femenías, Foz), Ataraxia (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), Un vinilo dos Dire Straits (Denís Vicente, A Guarda) e Fuxitivas (Silvia Pérez, A Guarda).
Os devanditos traballos impuxéronse no conxunto dos 219 que foron votados por 566 internautas neste certame co que Xuventude, Participación e Voluntariado e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística queren dinamizar o uso do galego na xente nova.
O xurado da nova edición, reunido por vídeo-conferencia, ditaminou os galardóns, que recaeron na primeira categoría de idade (categoría A, de 14 a 19 anos) nos traballos Retórica (1º premio, co que Nee Barros, de Marín, Pontevedra, acumula xa catro distincións consecutivas neste concurso desde o ano 2017), Primavera (2º premio, para Ana Loureiro, de Caldas de Reis, Pontevedra) e Ao altar (3º premio, para María Femenías, de Foz, Lugo).
Na categoría B (de 20 a 35 anos), recaeron en Ataraxia (1º premio, para Leticia Cid, de San Cibrao das Viñas, Ourense), Un vinilo dos Dire Straits (2 premio, para Denís Vicente, da Guarda, Pontevedra) e Fuxitivas (3º premio, para Silvia Pérez, tamén da Guarda, Pontevedra).
Participaron no xurado (presidido pola escritora Rosalía Morlán) Hugo Lozano e Nerea Pallares, gañadores dos 1º premios Xuventude Crea 2019 nas modalidades de Poesía e Relato Breve; Alicia Padín, en representación da Rede de Dinamización Lingüística; Nancy Domínguez, da Rede Galega de Información Xuvenil; Ángela Fernández, da Consellería de Política Social, e Beatriz Corral, da Consellería de Cultura e Turismo.
Premios e mensaxes musicadas nos webs
A entrega de premios prevista nas bases celebrarase “cando as circunstancias motivadas pola evolución epidemiolóxica da COVID-19 a permitan celebrar en condicións de seguridade”. Tanto as mensaxes gañadoras coma as outras 213 que concorreron e que votaron 566 internautas, están dispoñibles na web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega. Nas devanditas webs tamén hai seis vídeos nos que Xermán Bugallo, gañador do certame Xuventude Crea 2019 na modalidade de Música, ponlles voz e melodía aos seis traballos gañadores de Lingua de Namorar 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?