Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta solicita ao Goberno unha estratexia tecnolóxica que garanta a privacidade e a interoperablidade entre as comunidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta solicita ao Goberno unha estratexia tecnolóxica que garanta a privacidade e a interoperablidade entre as comunidades

Redacción
Publicado: 06/05/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_computadora_traballando_centro_demostrador_tic.jpgGalicia avoga por aproveitar todo o potencial da tecnoloxía para apoiar a saída da crise sanitaria, sempre baixo as premisas de privacidade, proporcionalidade e interoperabilidade. Así llo trasladou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, aos representes estatais na xuntanza telemática do grupo de traballo sobre rastreo e interoperabilidade, convocado pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
No encontro a responsable autonómica incidiu en que as solucións tecnolóxicas deben formar parte dos protocolos que establezan as autoridades sanitarias e, en consonancia cos criterios e directrices fixados no marco da rede de vixilancia epidemiolóxica. Neste sentido, Pereira destacou que a integración cos sistemas e plataformas de xestión clínica e asistencial dos servizos de saúde e cos seus mecanismos de alertas e seguimento da enfermidade, permiten un mellor aproveitamento e eficacia das solucións tecnolóxicas que se habiliten para a xestión da crise sanitaria.

Contidos
  • Solución tecnolóxica de Galicia
  • Complemento doutras medidas

Solución tecnolóxica de Galicia

A responsable autonómica avanzou que, sobre esta base, Galicia está a traballar nunha app que permitirá o establecemento dunha canle de comunicación personalizada en función do perfil de vulnerabilidade da persoa, así como unha xestión de contactos que facilite o seguimento dos mesmos por parte das autoridades sanitarias. Os contactos identificaranse, a través da declaración da persoa de xeito voluntario
A aplicación permitirá a incorporación posterior de mecanismos de detección automática a través de bluetooth, para o que Galicia solicita ao Goberno de España que estableza os criterios e aos mecanismos de interoperabilidade que permita o funcionamento a nivel global con todas as garantías de respecto a privacidade que exixe a regulación europea e estatal.

Mar Pereira explicou que a solución tecnolóxica que se está a desenvolver en Galicia respecta en todo momento o regulamento europeo de protección de datos e leva asociadas as correspondentes análises de impacto na privacidade. Os algoritmos empregados así como o funcionamento do mesmo serán públicos e auditables.

Complemento doutras medidas

No encontro a directora da Amtega sinalou que a trazabilidade dixital de contactos pode ser unha boa ferramenta de axuda aos protocolos de rastreo de contactos que definan as autoridades sanitarias, máis efectivos en tanto se consiga a interoperabilidade técnica e semántica entre rexións europeas.
No caso de Galicia, que conta con potentes sistemas de información e plataformas tecnolóxicas integrais que permiten o seguimento clínico dos pacientes a través de mecanismos de teleasistencia, as novas solucións tecnolóxicas que se adopten deberán ser un complemento para que os cidadáns se sentan mais seguros para abordar a fase de desescalada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?