Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Lingua.gal achéganos á vida, á obra e ás celebracións de Ricardo Carvalho Calero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Lingua.gal achéganos á vida, á obra e ás celebracións de Ricardo Carvalho Calero

Redacción
Publicado: 07/05/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

axenda_ricardo_carvalho_calero_xunta.jpgO portal Lingua.gal, a web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, confírmase un ano máis como un recurso de primeira orde para consultarmos todo o relativo á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano, coas circunstancias especiais e imprevistas que desencadeou o Estado de Alarma e a pandemia, vai adicado ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero, un dos grandes autores do noso panorama literario e ensaístico do século XX e un dos máis sobranceiros defensores da posta en valor da nosa identidade común con Portugal e os países lusófonos.
O portal Lingua.gal preséntase como unha xanela informativa referencial sobre a vida e o legado de Carvalho Calero e tamén un punto de consulta da axenda institucional de actos conmemorativos previstos, unha axenda que é probable que sufra cambios por mor da imposibilidade de celebrar o 17 de maio de xeito normalizado, pero que nos serve para dar conta do amplo consenso existente na sociedade do país arredor da importancia da figura do autor homenaxeado, cunha chea de entidades argallando diferentes accións complementarias (a propia Xunta, a asociación reintegracionista AGAL, o colectivo Egeria, o Concello de Ferrol, as tres universidades da nosa terra, o Parlamento, a Fundación Penzol, empresas como GADISA, VEGALSA-Eroski ou FEIRACO, a Escola Galega de Administración Pública, múltiples bibliotecas da nosa terra e unha manchea de concellos e institucións galegas e lusas, entre outras moitas institucións, organismos, asociacións ou empresas). Por certo que Política Lingüística contribuirá aos actos conmemorativos con iniciativas como por exemplo o programa de dinamización do galego FalaRedes, que levará espectáculos para toda a familia a unha manchea de concellos da Rede de Dinamización Lingüística, dando a coñecer o legado de Carvalho Calero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?