Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: #CulturaLike2 salientará o interese que poden suscitar os contidos científicos na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

#CulturaLike2 salientará o interese que poden suscitar os contidos científicos na Rede

Redacción
Publicado: 11/05/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

culturalike2_web_cabe.jpgA Xunta de Galicia promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica na Internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da Rede: os galegos Déborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal e o manchego José Luis Crespo. O evento, organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, enmárcase no programa de actividades #aculturasegue da Consellería de Cultura e Turismo, baixo o que se están a lanzar contidos formativos e de lecer de calidade e en liña no contexto actual de emerxencia sanitaria.
Esta xornada (que se poderá seguir en liña e de balde a través da web e redes sociais da Cidade da Cultura) amosará como os contidos científicos tamén son capaces de converterse en trending topic, demostrando que as ferramentas dixitais serven de aliadas para difundir coñecemento dun xeito accesible, rachando coas canles de acceso tradicionais e permitindo espallar e democratizar sen lindes físicos ou académicos contidos culturais.
deborah_ciencia.jpg #CulturaLike2 enmárcase na programación que a Cidade da Cultura de Galicia desenvolverá con motivo do Día Internacional dos Museos, ao longo da semana do 18 de maio. O encontro contará, por unha banda, coa participación de Déborah García Bello, copresentadora do programa de divulgación científica Órbita Laika (TVE), colaboradora de Galicia por Diante (Radio Galega) e autora científica da Editorial Planeta, onde vén de publicar No tocar. Ciencia contra la desinformación en la pandemia de COVID-19 (Paidós). Divulgadora moi activa en todas as plataformas, conta con máis de 100.000 seguidores entre YouTube, Twitter e Instagram. Foi Premio Tesla de divulgación en 2016, premio Jot Down Ciencia en 2017 e dirixe dende 2016 as xornadas Ciencia y Arte coa Universidade do País Vasco e o Museo Guggenheim.
Doutra banda, intervirá o manchego José Luis Crespo, coñecido na rede como Quantum Fracture, físico e divulgador con máis de dous millóns de seguidores na súa canle de YouTube e medio millón máis nas diferentes redes sociais. O seu traballo revolucionou as redes, demostrando que se pode cativar a millóns de persoas falando de ciencia. Colabora con institucións como o CSIC, o Instituto de Física Teórica ou o CERN.
Os dous coñecidos divulgadores, en conversa con Miguel Ángel Cajigal, El Barroquista, falarán de como enfocar a divulgación científica e como lograr que a ciencia pura sexa divertida e poida enganchar a unha audiencia masiva. Darán conta da súa maneira de traballar para que os participantes nesta xornada poidan coñecer como se fai divulgación dende dentro e aprender con eles a divulgar contidos nas diferentes canles.
Da man destes dous destacados creadores de contidos científicos nas redes sociais, os e as participantes de #CulturaLike2 terán a oportunidade de coñecer as claves dos novos relatos en Internet, a potencialidade da súa difusión en liña e as importancia do seu deseño para facilitar a súa comprensión e acadar un maior impacto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?