Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame de Vídeos, Podcasts e Regueifas está aberto ata setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame de Vídeos, Podcasts e Regueifas está aberto ata setembro

Redacción
Publicado: 13/05/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anuncio_-certame_podcast.jpgO certame de Vídeos, Podcasts e Regueifas organizado pola Asociación de Medios en Galego a través do que busca que a mocidade teñan un maior achegamento á lingua galega ten aberto o seu prezo de presentación, de xeito que tanto persoas individuais de entre 12 e 30 anos de idade como aulas de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional poden presentar vídeos, podcasts ou regueiras que reflictan as súas experiencias ao redor da lingua galega.
Este concurso busca dar unha visión alternativa e distinta ás mensaxes que estamos afeitos a ter, ver e ouvir sobre o galego, promovendo unha vontade de cambio ou de transformación social en canto á promoción do uso do galego. Tamén se valorará que os contidos transmitan mensaxes solidarias, quedando totalmente excluída a participación de traballos que promovan mensaxes violentas, denigrantes ou ofensivas.
Para favorecer a súa difusión en redes sociais os vídeos e podcast non deben superar os 4 minutos de duración. O material a concurso poderá presentarse ata o 30 de setembro, producíndose en outubro as votacións que funcionarán como procedemento de selección para que finalmente un xurado elixa os vídeos gañadores, de xeito que só recibirán premio 4 pezas entre as 10 máis votadas.
O primeiro premio do certame serán 1.000 euros en metálico e un día de rodaxe coa produtora Vaca Films para unha aula de ESO, Bacharelato ou FP (ou grupo de 5 persoas elixidas polo autor do vídeo gañador); o segundo premio será unha tableta valorada en 300 euros; e o terceiro premio será un móbil de última xeración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?