Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Coruña organiza 75 cursos en liña de balde para potenciar a dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello da Coruña organiza 75 cursos en liña de balde para potenciar a dixitalización

Redacción
Publicado: 14/05/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

p_suceso_1442866057994_860_1000_u_c4f13b58cb45893e677b266f7c3ceac8.jpgA Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo da Coruña presenta unha iniciativa de formación en liña para 500 persoas residentes na cidade herculina de xeito gratuíto, coa que o Goberno local quere facer fronte ás consecuencias xeradas pola COVID-19, cunha batería de 75 cursos en liña de 19 categorías profesionais cun total de 500 prazas abertas. O prazo de inscrición comezará o luns 18 de maio ás 10:00 horas e finalizará cando se esgoten as prazas dispoñibles.
É unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras que queiran mellorar o seu emprego. Os requisitos para realizar esta formación integramente dixital son ser maior de 16 anos e estar empadroado no Concello da Coruña.
Cada persoa poderá seleccionar un curso de calquera das áreas de especialización: idiomas (inglés ou francés), ofimática, turismo, márketing, sanidade, loxística e ata 19 áreas distintas de especialidade. En todos os cursos se formará sobre competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual. Estas formacións estarán dispoñibles desde a súa inscrición nun prazo de 3 meses cunha forma integramente en liña e accesible na modalidade 24/7.
Toda a información sobre esta formación e as súas particularidades pódense consultar de forma detallada na páxina web da concellería organizadora a partir do luns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?