Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal e Vinte convocan un concurso de creación audiovisual en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal e Vinte convocan un concurso de creación audiovisual en liña

Redacción
Publicado: 14/05/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

portadaweb_concurso_pg_detalle.jpgO dominio PuntoGal e a revista dixital Vinte convocan un concurso de creación audiovisual en Instagram co título Vinte con outros ollos, iniciativa que consiste na creación dunha peza de vídeo inferior a 1 minuto na que cada participante amose a realidade exterior cunha ollada distinta a como a vía antes da crise do coronavirus.
Para incentivar a creación en galego na Rede, esta iniciativa premiará vídeos inéditos que se publiquen en Instagram entre o días 14 e 31 de maio co respondendo á temática proposta (os cambios na nosa mirada tras o confinamento) e usando o cancelo #VinteConOutrosOllos.
filtro2-foto1-7e8e3af.jpgEncargarase de valorar a calidade das pezas un xurado composto por 5 creadores galegos de nova xeración: o escritor Jesús Castro Yáñez, a música Elba Souto, o cineasta David Fidalgo Omil, a comunicadora Andrea Villa Feijóo e a actriz Cris Iglesias. Cada un deles preparou un vídeo contribuíndo a esta nova ollada e que servirá de exemplo e inspiración para todas as persoas que queiran participar.
O concurso está dirixido a calquera persoa maior de idade, usuaria de Instagram, que queira participar publicando na súa conta desta rede social un vídeo non superior a un minuto que se axuste á temática, que utilice o galego nos textos que acompañen a publicación e que use o cancelo #VinteConOutrosOllos. Para completar o proceso de participación haberá que cubrir un formulario en liña.
Haberá cinco premios para os mellores vídeos. O primeiro premio consistirá nunha cámara GoPro de última xeración e cada un dos 4 finalistas recibirá un bono de 100 euros para usar nunha das catro librarías colaboradoras, todas elas con tenda en liña: NUMAX (Santiago de Compostela), Librería Trama (Lugo), Airadasletras (Allariz) e Libraría Paz (Pontevedra). As persoas gañadoras daranse a coñecer na primeira quincena do mes de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?