
A iniciativa forma parte dun programa de colaboración que xa ven de antigo entre a operadora e a asociación de Mos. O fornecemento de recursos tecnolóxicos canalízase a través do programa Insere Activa 4, que financia a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e desenvolve AEMOS, achegando a máis de trinta mulleres formación, seguimento e orientación laboral co “fin último de multiplicar as súas oportunidades de inserción no mercado laboral”.
Segundo explica R, esta iniciativa chega nun intre crítico para todos os colectivos que loitan por superar a crise sanitaria e económica: “Nunha conxuntura extraordinaria como a que estamos a vivir, onde o emprego pasa por momentos de grande incerteza, con gran cantidade de traballadores en situación de ERTE ou desemprego. A situación é aínda máis grave no caso de colectivos desfavorecidos, ou con maiores barreiras no acceso ao mercado laboral, como ocorre con estas mulleres vítimas da violencia de xénero”.
A compañía galega de cable engade, a respecto das motivacións desta iniciativa solidaria, “que a formación camiña necesariamente da man das novas tecnoloxías, o que nos sitúa ante un reto descoñecido, inédito nas nosas vidas. Non podemos permitir que ninguén quede atrás neste camiño, e moito menos nun período tan extraordinario como este onde as telecomunicacións convertéronse por activa e por pasiva nun recurso esencial”.

