O Concello de Porriño está a facer este mes de maio unha importante distribución de material informático para garantir a teledocencia durante o que reste de crise sanitaria e combater, deste xeito, a fenda dixital entre o alumnado local. O reparto, que xa comezou hai semanas nos centros educativos, incluíu ducias de routers e tarxetas de Internet para (entre outros) o CEIP Antonio Palacios (38 routers e e outras tantas tarxetas de conexión a Internet de 60 GB), o CEIP da Ribeira (30 routers e tarxetas), o CPR Santo Tomas (11), o IES Ribeira do Louro (60), o CEIP Fernández López (42), o Hermanos Quiroga (8), o CEIP Atios (23) ou o Cruz Budiño (15).
A operativa é apoiada por voluntarios de Protección Civil do Concello do Porriño para “garantir que se mantiveran as distancias de seguridade e as medidas de hixiene precisas”, segundo explicou a concelleira de Educación, Lourdes Moure, que engadiu que as tarxetas só terán vixencia durante tres meses e que os routers deberán ser devolvidos ao Concello onde permanecerán en depósito en previsión de que por “un rebrote fose necesario un novo préstamo” ou que finalmente cheguen a cumprirse as previsións de que o vindeiro curso comece en setembro.
O Concello de Porriño distribúe ducias de routers e tarxetas de Internet nos centros docentes
Compartir Este Artigo

