Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETTGA renova a súa páxina web co gallo da celebración do Día Internacional das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETTGA renova a súa páxina web co gallo da celebración do Día Internacional das Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 18/05/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnoloxia_con_xeito.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o Día Mundial das Telecomunicacións, da Sociedade da Información e da Internet poñendo en valor a imprescindible labor dos telecos nos últimos meses e destacando algúns dos fitos mais relevantes acadados polo Colexio no último ano. Destaca a creación da demarcación galega, a realización do primeiro ForoTelecos de Galicia e o encontro anual de colexiados, acadar representación tanto na xunta directiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) como no consello de decanos nacional.
coettga_nova_web_eyoe2xxxqae31zp.jpgEntre os obxectivos está sensibilizar sobre as posibilidades do uso da Internet e de outras tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). O illamento puxo a proba a magnífica capacidade de resposta das telecomunicacións para solucionar a demanda crecente e aínda queda moito por amosar. Os datos falan por si sos.
Estas ferramentas poden ofrecer á sociedade e á economía unha capacidade de mellorar a súa calidade de vida así como favorecer a rendibilidade e sustentabilidade das empresas. Así mesmo, o COETTGA destaca a necesidade urxente de reducir a fenda dixital que pon en evidencia a desigualdade da sociedade e da xeografía galega.
dsc06186.jpgO decano do COETTGA, José M. Martínez, lembra que «a conectividade que prestan as telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou auga corrente, posto que se lle recoñeceron ás telecomunicación o rango de servizo básico» engadindo que «de non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global, xa terían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos».
Aproveitando a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións, o COETTGA decidiu estrear a súa nova páxina web, que tamén está na liña do Día das Letras Galegas ao presentarse os seus contidos na nosa lingua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?