Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de dixitalización da Xunta destina 6 millóns de euros á internacionalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan de dixitalización da Xunta destina 6 millóns de euros á internacionalización

Redacción
Publicado: 18/05/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20200518_conde.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha videoconferencia coa Confederación de Empresarios de Ourense, na que lles trasladou as novas medidas que o Goberno galego está activando para iniciar a recuperación económica e paliar as consecuencias da crise derivada da COVID-19. Destacan os apoios por un importe total de 6 millóns de euros para a internacionalización de pemes, comercio e autónomos a través do Plan de dixitalización, a chave que permitirá abrir novos mercados e reactivar a economía galega.
Así, o programa Galicia Exporta Dixital, que está en marcha con 2 millóns de euros de orzamento, reforzarase cunha nova convocatoria a finais de xuño que lle permitirá sumar outros 4 millóns de euros. Está dirixido a pemes, comercios minoristas e autónomos que, en concorrencia non competitiva, poderán acceder a apoios de ata o 80% nos seus proxectos de internacionalización dixital como selección de mercados e canles de vendas, plans de mercado electrónico, asesoramento xurídido e legal, adquisición de equipos de última xeración, creación de tendas e catálogos en liña, campañas de posicionamento e servizos de call center internacional.
Con esta iniciativa, preténdese adaptar os negocios á situación xerada polo Covid-19, utilizando a dixitalización como a panca que reactivará a posición de Galicia nos mercados internacionais, abrindo novas oportunidades para mellorar a competitividade do tecido empresarial.
A medida forma parte do Plan de dixitalización que a Xunta acaba de aprobar e que mobilizará 40M€. Ademais das axudas á internacionalización, inclúe apoios para a adquisición de material e desenvolvemento de procesos produtivos que permitan dixitalizar as empresas; facilitar o teletraballo; e impulsar a dixitalización tanto no eido da economía social, como nos proxectos do rural e no comercio de proximidade.
Ademais de explicar estas novas medidas, durante a videoconferencia Conde interesouse por como se está desenvolvendo a volta á actividade no tecido empresarial da provincia de Ourense -que alberga un dos maiores parques industriais de Galicia, o polígono de San Cibrao das Viñas- e quixo contar coas achegas do empresariado ourensán para superar esta situación.
Conde tamén lembrou que o Goberno galego está afrontando o contexto actual desde a prevención -co reparto de preto de catro millóns de máscaras no tecido empresarial, a elaboración de guías de seguridade e saúde laboral ou liñas de axudas por 7,5 millóns de euros para a fabricación de material sanitario e de protección en materia laboral-; a inmediatez, con apoios para inxectar liquidez a pemes e autónomos e aliviar as cargas fiscais; con transparencia e información, grazas á posta en marcha da xanela única do Igape Responde; e desde a anticipación, consultando a expertos e aos principais axentes económicos e sociais para deseñar as mellores medidas que permitan iniciar a recuperación canto antes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?