O Concello de Santiago vén de pór en marcha “unha campaña 360º” para saír en axuda do comercio local e favorecer ao máximo o seu regreso á actividade. Trátase da campaña #EuMercoAquí, destinada a “seguir enchendo de vida as rúas de Santiago, promovendo produtos autóctonos e de proximidade e abastecendo á cidadanía de forma segura”. Virá acompañada dunha intensa actividade dixital, dinamizando vendas empregando plataformas online, redes sociais e, tamén, os soportes tradicionais.
A campaña, que irá intensificando a súa forza durante as sucesivas semanas, está encadrada no Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020 do Concello de Santiago, para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID-19.
A iniciativa #EuMercoAquí porá o foco na importancia dos establecementos locais para a cidade, salientando os seus valores únicos e o seu potencial anti-crise “nun momento tan complexo como o actual”.
Santiago pon en marcha unha campaña 360º para revitalizar o comercio: #EuMercoAquí
Compartir Este Artigo

