Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia vén de poñernos ao tanto dunha nova ferramenta coa que incrementar as nosas opcións de facer vídeo-conferencias e co engadido extra de facelo con recursos “libres, seguros e responsables”. Trátase dun servizo alternativo aos que achegan as grandes multinacionais (Zoon, Skype, Hangouts), baseado no software libre Jitsi Meet, e que, segundo informa a dita organización humanitaria, “preséntase como unha opción necesaria polo forte auxe das comunicacións online durante os últimos meses e as dúbidas xurdidas ao redor de aplicacións como Zoom”.
A ferramenta posta a disposición dos usuarios por Enxeñaría sen Fronteiras está xa dispoñible para o uso de colectivos sociais ou asociacións, ou tamén de particulares que necesiten comunicarse a distancia ou por motivos do actual confinamento.
O acceso á ferramenta realízase a través dunha ligazón específica de Meet dende calquera navegador. En dispositivos móbiles, é posible ademais acceder desde a aplicación móbil tamén podemos descargar na Rede ou nos acubillos dispoñibeis para Android ou iOS.
O obxectivo de Enxeñaría Sen Fronteiras é “proporcionar un servidor seguro para a realización de reunións, charlas e conferencias, que supoña unha alternativa aos servizos de grandes empresas nos que nos que os nosos datos son tratados como mercadoría e utilizados para o beneficio económico”. Para alcanzar estes obxectivos fixeron “unha aposta por tecnoloxías e comunicacións libres”, así como pola descentralización de servizos, continuando a nosa aposta pola soberanía tecnolóxica.
A ferramenta baséase no software Jitsi Meet e parte dun ecosistema de aplicacións de vídeo-conferencia baixo a licenza libre Apache 2.0. Isto implica que o software pode usarse para calquera propósito, distribuírse, modificarse, e distribuír as versións modificadas.
Enxeñaría Sen Fronteiras lanza servizo de vídeo-conferencia libre
Compartir Este Artigo

