
Para poder artellar estratexias neste sentido, Vedra presentou a súa candidatura ao proxecto europeo Smart Rural 21: estratexias para pobos de Europa e da España baleira. Trátase dun proxecto no que se seleccionarán 17 municipios rurais de toda Europa para recibir asesoramento e apoio técnico para o desenvolvemento de estratexias intelixentes que solucionen, na medida do posible, os retos do rural no século XXI.
O Concello engade que nos dous anos e medio de duración do proxecto deseñaranse e dotarase aos participantes de metodoloxías e ferramentas para a implantación de estratexias integrais e participativas, “fomentando o intercambio de coñecementos transnacionais que promovan o éxito das experiencias piloto smart village”. Contarase coa coordinación do grupo E40 e co apoio directo da Comisión Europea.
Até o de agora, foron preseleccionados 5 entidades locais de Irlanda, Finlandia, Francia, Grecia e a República Checa.
Vedra presenta a súa candidatura coa “convicción de presentar as características idóneas para converterse nun pobo intelixente”.
Vedra presenta a súa candidatura ao proxecto europeo Smart Rural Village
Compartir Este Artigo

