A Deputación de Pontevedra, a través da súa rede de espazos de capacitación tecnolóxica para autónomos e empresas (a rede SmartPEME), ofertou para a primeira semana de xuño sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se achegan de forma telemática por mor da COVID-19. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de mercadotecnia.
Este luns 1 de xuño o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartiu o obradoiro Así funciona WhatsApp Bussines. Para este martes 2 a rede SmartPEME ten programados dous talleres. O primeiro deles titúlase Como mellorar o footer da túa web e contará con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, mentres que o segundo, baixo o título de Optimiza a túa páxina de Facebook, estará impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. Será o mércores 3 cando se leve a cabo un obradoiro, Promociona a túa empresa a través dos Stories de Instagram, con Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.
O xoves 4 celebrarase outra actividade baixo o título de Identidade de marca para a túa empresa: que debes saber, que contará con Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. O mesmo día levarase a cabo Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos, con Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas. Por último, o venres 5 o experto universitario en robótica Manuel Freire levará a cabo un taller sobre Debuxo 3D con Onshape III.
SmartPEME ofrece en xuño sete obradoiros online para fortalecernos tecnoloxicamente na desescalada
Compartir Este Artigo

