Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 420 autónomos comezaron xa a formarse en ecommerce da man do Goberno galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 420 autónomos comezaron xa a formarse en ecommerce da man do Goberno galego

Redacción
Publicado: 03/06/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20200603condeautonomosdixitais2.jpgO Goberno galego vai achegar formación en comercio electrónico e ferramentas de dixitalización (tan indicadas para estes tempos de crise sanitaria, económica e desescalada) a 1.200 autónomos da nosa Comunidade, co obxectivo de reforzar a competitividade dos seus negocios. Segundo fixo saber esta mañá o conselleiro de Economía, Francisco Conde, nun encontro por videoconferencia cos participantes na iniciativa Autónomos Dixitais, neste programa xa están a recibir capacitación TIC unhas 420 persoas.
Na súa intervención, Conde puxo de relevo que os autónomos “xogarán un papel central para garantir que a reactivación económica sexa o máis rápida e eficaz”, apuntando que “o comercio electrónico veu para quedar”, polo que a” relación final co consumidor dependerá da destreza de cada autónomo para adaptarse ás tendencias dixitais”.
A iniciativa Autónomos Dixitais ofrece dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, a mercadotecnia, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, trátase dos cursos Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en ecommerce.
O programa compleméntase co Plan de dixitalización co que a Xunta mobiliza 40 millóns de euros para impulsar a implantación de novas tecnoloxías e a Industria 4.0 no tecido empresarial galego. Dentro deste plan, engadiu Conde, “contémplanse axudas para fomentar as iniciativas empresariais no rural; incorporar tecnoloxías que faciliten a renovación e modernización dos procesos produtivos, e promover a internacionalización a través do comercio electrónico e as novas canles de venda”, entre outros aspectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?