
“En ningún momento tivemos a intención de poñer en risco a saúde da xente”, sinalan, en relación á polémica suscitada pola posibilidade de que si que houbese iniciativas con aforamentos mínimos, unha opción que foi barallada (como tantas outras) durante as asembleas e as xuntanzas das dorneiras e dos dorneiros destinadas a atopar as melloras solucións para unha problemática que, cómpre recoñecelo, nunca antes se dera na historia desta celebración nin de ningunha outra. Desbotada esta vía para garantir a saúde da comunidade dorneira, a confraría estuda seriamente a posibilidade de desenvolver “unha singradura simbólica”, que inclúa actividades sen público e pechadas que poidan ser retransmitidas en streaming para que a xente poida desfrutalas dende os seus fogares a través das redes e na liña das actividades culturais e festeiras que se fixeron durante o máis cru da corentena.
A confraría pídelles aos seareiros da Dorna e á poboación en xeral que manteñan “un comportamento exemplar durante os días nos que foi fixada a singradura número 72”, do 23 ao 26 de xullo.
A Festa da Dorna de Ribeira prepara a edición máis online da súa historia
Compartir Este Artigo

