Ante as complicacións que xorden para os desprazamentos por mor da COVID-19 dende Google decidiron incorporar novas funcionalidades á súas aplicacións de mapas para Android e iOS para que acheguen información crucial para a planificación das novas viaxes dun xeito seguro.
Cando busquemos desprazamentos en transporte público, a aplicación poderanos amosar alertas importantes das axencias de tránsito local con, por exemplo, momentos nos que os servizos de transporte público estean afectados por restricións oficiais, que poden ser como a obrigación de usar máscara ou a presenza de puntos de control ou outros limitacións fronteirizas. España é un dos países nos que en breve comezarán a funcionar estas alertas.
Outra funcionalidade moi importante para uns desprazamentos seguros é a de predición de ocupación para o transporte público, de xeito que nos lugares onde teñamos esta información dispoñible poderemos consultar os datos achegados por información achegada polos pasaxeiros para poder decidir de xeito informado como nos moveremos para evitar aglomeracións.
A información sobre accesibilidade tamén pasa agora a estar dispoñible de xeito global, o que agradecerán especialmente os usuarios de cadeiras de rodas, que poden coñecer con antelación onde atopar portas, asentos, botóns de parada… e outros elementos accesibles para eles.
A partir de hoxe tamén é posible consultar a conxestión das estacións de transporte a distintas horas (baseándose en información histórica) para facilitar a programación das viaxes garantindo un distanciamento social axeitado.
Google Maps prepara funcións para movernos de xeito seguro durante a crise sanitaria
Compartir Este Artigo
