O novo prototipo de supercomputador do CERN, o proxecto Allen, un sistema máis potente e eficiente, conta coa achega esencial do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago.
Esta tecnoloxía utilizarase a partir de 2021, data na que se estima que se retomará o Gran Colisionador de Hadróns (LHC), apagado desde 2018, e do chamado terceiro período (Run 3).
O LHCb, un dos experimentos, arrincará de novo para rexistrar máis colisións por segundo, xerando unha enorme cantidade de dados que se procesarán cun gran número de CPU.
Un grupo de científicos ideou unha alternativa con maior potencia de cálculo baseada en tarxetas gráficas (GPU) similares ás utilizadas na industria do videoxogo.
O equipo de Alexandre Brea, Adrián Casais, Xoan Mayo, Diego Martínez Santos e Christopher Parkinson formou parte da construción do prototipo, xunto con outro da Sorbonne Universite.
O éxito das probas realizadas levou finalmente á aprobación deste proxecto, con máis potencia e menor custo. O supercomputador Allen, en honra á pioneira Frances Allen, alcanzará os 6 PFLOPS e converterase no máis potente do CERN e entre os 50 do mundo.
O novo supercomputador do CERN recibe achegas galegas
Compartir Este Artigo

