A Deputación da Coruña vén de impulsar unha nova edición da campaña Liberdade de Ser e Sentir!, artellada pola área de Políticas de Igualdade con motivo do Día da Diversidade Sexual que se celebra o vindeiro 28 de xuño. Tras dela, xuntando forzas e adheríronse a tan relevante mensaxe a prol da tolerancia, atópanse 50 concellos e entidades que se sumaron á campaña provincial para avanzar na sensibilización e no respecto sobre a igualdade das persoas.
Esta iniciativa, que se vai levar a cabo a través das redes sociais, ten como obxectivo ofrecer contidos que fomenten a tolerancia ante diversas orientacións sexuais e identidades. Durante este mes, iranse compartindo a través das comunidades online contidos audiovisuais centrados nos dereitos do colectivo LGTBI+, nos que especialistas e activistas falarán no relativo ao deporte, a infancia e a adolescencia, os medios de comunicación ou a literatura. Todos os contidos poden seguirse durante este mes a través das redes sociais dos concellos adheridos, do cancelo #seresentir ou da web seresentir.gal, que é a páxina propia do programa da Deputación da Coruña.
Os concellos que forman parte desta campaña son os seguintes: Abegondo, Ames, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fene, Fisterra, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mancomunidade de Ordes, Melide, Moeche, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilarmaior, Vimianzo.
A campaña Ser e Sentir da Deputación da Coruña encherá as redes sociais de contidos a prol da diversidade
Compartir Este Artigo

