Este mércores 17 de xuño pola tarde, a delegación galega do Instituto Español de Analistas Financieros organizou de xeito virtual, a través da plataforma Zoom, a conferencia Retos da economía galega na transformación dixital: que nos vai deparar a era pos-covid-19?. Entre os participantes estiveron Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e Domingo Docampo, tamén catedrático da mesma institución académica na Área de Telecomunicacións.
A cita contou ademais coa intervención de César García, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela, e estivo moderada polos profesores (tamén da USC) Loreto Fernández e Luis Otero.
Os participantes abordaron o impacto da crise desencadeada pola pandemia do coronavirus no proceso de transformación dixital en Galicia e os retos pendentes da economía dixital na nosa Comunidade,, temas que teñen centrado diferentes traballos do Foro Económico de Galicia, dirixido por Santiago Lago e do que Domingo Docampo tamén forma parte.
As universidades achéganse aos retos da dixitalización económica na era post-COVID
Compartir Este Artigo

