Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Hipersector TIC galego crea nun ano 191 empresas e máis dun milleiro de novos postos de traballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Hipersector TIC galego crea nun ano 191 empresas e máis dun milleiro de novos postos de traballo

Redacción
Publicado: 22/06/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

hipersector_tic_3184306.jpgO Hipersector TIC galego pechou o 2019 con 24.338 traballadores, o que supuxo 1.030 novos empregos no último ano e representa un crecemento do 4,4% respecto do ano anterior. O incremento tivo lugar tanto no Sector TIC como no Sector Contidos. Así, o sector tecnolóxico conta con 18.964 traballadores, experimentando un incremento do 4,5%, e o sector Contidos conta con 5.355 traballadores o que supón un incremento do 4,1% respecto ao ano 2018. Son as cifras recollidas no Estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga).
O informe indica tamén que no ano 2018 estaban rexistradas en Galicia un total de 3.665 empresas dedicadas a actividades adscritas ao Hipersector TIC, cun crecemento do 5,5% no último ano. Este incremento é superior á media do conxunto do Estado (4,5%) e mantén a . Galicia na quinta posición estatal cunhamaior cifra de empresas deste segmento, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.
A análise dos dous sectores que conforman o Hipersector TIC indica que: o sector TIC acada as 2.783 empresas, un 5,9% máis que o ano anterior e representa máis do 75% do total do Hipersector TIC. Pola súa banda, o sector Contidos experimenta un crecemento especialmente importante, por riba do 4%, e sitúase en 882 empresas.

Contidos
  • Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens
  • A innovación e a I+D no tecido empresarial galego
  • Distribución do emprego por provincias e xénero

Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens

O informe sinala que valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 5,2% no último ano e se achega aos 1.700 millóns de euros, o que representa o 2,9% do PIB galego. Este indicador experimentou un crecemento moi significativo nos últimos dous anos e garda relación co incremento observado no número de empresas e de traballadores/as.
A balanza comercial do Hipersector TIC deixou en Galicia máis de 111 millóns de euros en exportacións no ano 2018, o que supón un incremento do 5,7% respecto ao ano 2017. Pola súa banda, as importacións tamén experimentaron una evolución positiva, concretamente do 8,9% respecto aos datos de 2017, acadando practicamente os 140 millóns de euros.
Cabe salientar o crecemento dun 13% das exportacións de bens do sector Contidos. Non obstante, a fabricación de equipos de telecomunicacións (CNAE 26.3) é a actividade que acada unha maior cifra de exportacións, con máis de 52 millóns de euros exportados, o que supón o 47,5% das exportacións do Hipersector TIC en Galicia

A innovación e a I+D no tecido empresarial galego

O informe tamén analiza a actividade innovadora entre as empresas de 10 ou máis empregados/as, utilizando os últimos datos dispoñibles das enquisas de innovación e I+D do INE.
No período 2016-2018, 1.506 empresas galegas de 10 ou máis traballadores/as realizaron algún tipo de actividade innovadora, o que representa o 19,7% das empresas galegas deste volume de emprego. Galicia ocupa así a sexta posición no ranking estatal de empresas innovadoras. As empresas galegas de 10 ou máis empregados /as acadaron un gasto en actividades innovadoras de 738 millóns de euros no ano 2018.
Para o 43,6% das empresas galegas, o principal factor que dificulta a decisión de iniciar ou executar as actividades innovadoras é a existencia doutras prioridades na propia empresa. A consideración do elevado custe (24,7%) é o segundo factor máis importante.
No 2018, as empresas galegas destinaron máis de 590 millóns de euros a gastos internos de I+D, o que supón un incremento do 3,5% con respecto ao ano anterior. Galicia permanece na sétima posición das Comunidades que máis investiron en I+D respecto ao conxunto estatal. O número de traballadores/as en I+D en Galicia incrementouse un 3,6% no último ano e supera os 10.600 traballadores.

Distribución do emprego por provincias e xénero

A análise provincial indica que A Coruña, cun 58%, e Pontevedra, cun 28,6%, seguen a ser as que concentran un maior número de traballadores do Hipersector TIC.
Respecto á actividade onde se rexistrou o maior incremento de traballadores/as no último ano, destaca o das “Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión”, que aumentou un 19,1%, achegándose aos 1.400 traballadores/as. A actividade que máis emprego aglutina é, non obstante, a de “Actividades da tecnoloxía da información e de servizos informáticos, ocupando a 11.447 traballadores/as.
A análise do emprego segundo o xénero no Hipersector TIC indica que un 66,6% son homes fronte a un 33,4% de mulleres. Esta fenda de xénero faise máis patente no sector TIC, no que a porcentaxe de mulleres é do 31,1% mentres que no sector contidos, as mulleres representan o 41,5%. O crecemento do emprego durante o ano 2019 segundo o xénero foi do 5,2% no caso dos homes e do 2,9% para as mulleres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?