Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle impulso Agora.gal, revolucionario agregador de contidos da Rede en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle impulso Agora.gal, revolucionario agregador de contidos da Rede en galego

Redacción
Publicado: 06/07/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

agora_1.jpgA Rede galega non descansa, nin sequera nun período tan complexo dende o punto de vista social, económico e sanitario como este que estamos a vivir. Sen ir máis lonxe, este mes de xullo colle impulso unha nova iniciativa galega online, o sitio Agora.gal, unha iniciativa de agregación de contidos cuxo obxectivo é “xuntar nun mesmo portal o mellor da Internet en galego”, un eido de actividade que, segundo destacan os impulsores da plataforma, converteuse nun fervedoiro de medios e blogs que atesouran gran calidade e reflicten as temáticas máis diversas. Para dar conta deles e do seu traballo, achegándoo á comunidade lectora, nace Agora.gal.
“Coa creación do agregador”, explican David Fontán e Isaac González, “a nosa intención é facilitar as cousas aos lectores, que poderán acceder desde a mesma páxina a boa parte do mundo online en galego, e máis dar un apoio aos proxectos que apostan pola comunicación en galego, xa que Agora.gal permitiralles aumentar a súa visibilidade e posicionamento xerando tráfico para as súas propias webs”.
agora_4.jpgO sistema funciona do seguinte xeito: cando se publica un artigo nun dos blogs ou medios asociados a Agora.gal, este aparece automaticamente (aínda que suxeito a revisión) na devandita web, organizado nalgunha das seguintes seccións: Cultura, Divulgación, Deporte, Tendencias, Culinaria ou Humor. Ao mesmo tempo, o artigo é compartido a través das contas de Agora.gal en Twitter e outras redes sociais. “Así”, explican, “cando alguén abre a ligazón en cuestión, o noso portal rediríxeo á páxina na que foi publicado orixinalmente”.
Os responsables do agregador aproveitan a presentación do mesmo para facer un chamamento aos medios e blogs interesados en partillar os seus contidos para que apostan de cheo pola iniciativa, un proxecto colectivo que contribuiría a facer máis rica a Internet galega e, sobre todo, a que os elementos que a integran estean máis localizables, visibles e próximos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?