
Segundo informa a USC, esta iniciativa permitirá, polo de agora, o acceso a 12.000 títulos de revistas, máis de 51.000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico. A intención é seguir engadindo títulos.
“Trátase dun sistema sinxelo, transparente e áxil”, sinala Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria, quen salientou as facilitades para acceder aos títulos dende calquera hora e lugar e agradeceu o esforzo desenvolvido pola Área TIC da Universidade.
O vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, destacou que “unha das leccións que aprendemos no semestre pasado é que o acceso aos recursos bibliográficos ten que estar o máis aberto posible, e a través do EZproxy os problemas de acceso quedan eliminados con independencia do escenario no que nos atopemos”.
Os recursos dispoñibles a través do EZproxy distínguense porque a súa URL comeza por “https://ezbusc” e, segundo aclaran dende a USC, non é necesario levar a cabo ningún tipo de configuración no dispositivo dende o que se accede.
A Biblioteca da USC fortalécese co acceso en remoto a 12.000 revistas e 51.000 libros electrónicos
Compartir Este Artigo

