
Con esta esta iniciativa, na que tomaron parte uns vinte docentes do dito centro da USC, búscase enriquecer e complementar a colección de vídeos didácticos da Universidade, a cal acolle produtos audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación coas que crear novas oportunidades de comunicación entre alumnado e profesorado. A colección devandita pódese consultar no acubillo de seu, un espazo específico dentro do portal da USC no que se achegan todo tipo de contribucións de divulgación (sobre bioloxía, historia, medicina, arte, política, socioloxía, etc) co engadido extra de facelo en galego e estar dispoñible a calquera hora e dende calquera lugar.
Normalización Lingüística da USC dá un novo impulso ao acubillo de vídeos didácticos en galego da Universidade
Compartir Este Artigo

