Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña achega máis axudas para o emprendemento, o emprego e a innovación no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña achega máis axudas para o emprendemento, o emprego e a innovación no rural

Redacción
Publicado: 21/07/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

innovacion_traballando_computador.jpgA Deputación da Coruña activou dúas novas liñas do PEL (Plan de Emprego Local) para potenciar o emprego e o empredemento da mocidade no rural, dúas liñas (PEL- Rurinnova e PEL-Relevo) que suman un investimento de 921.000 euros para a posta en marcha de 60 proxectos empresariais e a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos nos municipios máis pequenos da provincia. As dúas novas contribucións están co-financiadas nun 91% polo Fondo Social Europeo (FSE), e teñen como obxectivo “apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento” entre a xente nova concellos coruñeses con poboación inferior aos 5.000 habitantes ou naqueles municipios con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo na última década.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estes dous novos programas do PEL créanse en base ao obxectivo estratéxico do goberno provincial de “facer fronte ao declive demográfico do rural coruñés” e pretenden “ofrecer á nosa mocidade oportunidades laborais ou axudas para crear a súa propia empresa sen ter que abandonar o rural”.
O primeiro dos programas, PEL – Rurinnova, vén con 489.000 euros e destínase a financiar a posta en marcha de 60 proxectos empresariais innovadores por parte de mozas e mozos menores de 30 anos. Ademais de axudas ao autoemprego, por un importe de ata 8.100 euros, esta liña inclúe un amplo calendario de actividades de formación, asesoramento e soporte para os emprendedores/as durante o proceso de creación, desenvolvemento e consolidación dos seus diferentes plans e liñas de negocio, así como o futuro apoio a estes dende a Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo (a Rede de Coworking da Deputación, da que forma parte o centro de traballo colaborativo de Boiro).
Por outra banda, a nova liña PEL-Relevo contará cun orzamento de 432.000 euros para incentivar a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos en empresas implantadas nos concellos máis pequenos da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?