Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa un Plan de formación para xestores culturais centrado na transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa un Plan de formación para xestores culturais centrado na transformación dixital

Redacción
Publicado: 24/07/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) impulsan un Plan de formación dirixido a mellorar as competencias dixitais dos traballadores deste sector. Trátase dunha iniciativa recollida no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico impulsado polo Goberno galego para favorecer a recuperación destas industrias tras a crise sanitaria.
O proxecto, froito dun convenio de colaboración entre a AGPXC e o Goberno galego, inclúe a celebración de sete cursos temáticos en liña entre os meses de setembro e decembro que se ofertarán de xeito independente. Con todo, o vindeiro mércores 29 de xullo terá lugar unha presentación telemática desta iniciativa a través da páxina web da asociación na que participará o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Os cursos estarán impartidos por especialistas docentes e contarán cunha orientación totalmente práctica, co obxectivo de que os participantes poidan, ao remate das sesións, identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade.
Ademais, a metodoloxía será totalmente en liña, permitindo unha aprendizaxe flexible ao ritmo do alumnado. O número mínimo de participantes será de 20 persoas e o máximo de 80. En paralelo, habilitarase un servizo de atención telemática de 10:00 a 18:00 horas para resolver calquera dúbida dos usuarios sobre a plataforma.
A través desta iniciativa, o Goberno galego busca dotar ao sector dos xestores culturais de ferramentas para adaptar as súas competencias e as súas actividades ao actual escenario de transformación dixital da cultura. Esta nova realidade trae consigo a necesidade de coñecer novas técnicas para a creación de contidos na rede, a aplicación de técnicas de información e alfabetización de datos e o desenvolvemento de novos mecanismos de comunicación e colaboración.

Dirixido a profesionais ou desempregados

Os cursos estarán dirixidos a profesionais do sector
cultural, tanto público como privado, a persoas desempregadas con experiencia
ou formación no sector cultural, a alumnado de cursos de especialización e mestrado
cunha orientación profesional cara este eido. O obxectivo das sesións será
identificar e reflexionar en torno aos desafíos que supón a progresiva
dixitalización da cultura, así como actualizar as competencias dos profesionais
neste contexto global.
Entre os asuntos que se abordarán nas diferentes formacións
destacan materias como a propiedade intelectual na xestión e creación dixital,
o márketing cultural no mundo dixital, as ferramentas dixitais para proxectos
creativos, a comunicación e colaboración en contornas dixitais, o desenvolvemento
de audiencias ou a participación cultural en tempos de distancia social.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?