Este mércores 29 de xullo a Cámara de Comercio de Santiago organizou un seminario virtual para dar a coñecer os apoios do programa autonómico Reactiva, para favorecer o impulso dos sectores comercial, de servizos e turístico, amais de facilitar a adaptación á nova normalidade postCOVID. José Carballo, vicepresidente da Cámara deu á benvida a todos e todas as participantes e presentou a Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e máis a Juan Cividanes, director xeral do IGAPE.
José Carballo destacou o papel da Cámara como “intermediaria entre a administración pública e as empresas da contorna” e deu os parabéns ao IGAPE e á Dirección Xeral de Comercio por “esta batería de axudas para poder pasar esta crise asi coma para a dixitalización das pemes”.
Sol Vázquez felicitou á Cámara polos esforzos para saber claramente “o que precisa o empresariado” e convidou a todas e todos os participantes no webinario a achegarse a plataforma dixital #comerciosegurogalicia, onde se facilitan as claves para “seguir cara adiante”.
Juan Cividanes, director xeral do IGAPE deu a coñecer o conxunto de medidas para reactivar o comercio e apoiar o seu dinamismo desde o primeiro dia despois do Estado de Alarma. Asemade, destacou o papel xogado pola consultoría en liña coa que conta o IGAPE para axudar ás empresas que teñan que tomar medidas financeiras ou de cambios estruturais.
José Carballo, para rematar, agradeceu aos participantes o interese pola xornada, así como felicitou as dúas entidades autonómicas presentes no webinario pola simplificación administrativa que achegan os seus servizos á cidadanía, ademais de dispoñibilizar a Cámara como canle da promoción de calquera outro programa da administración que “sexa útil e imprescindible para mellorar o tecido empresarial”.
As axudas para adaptarnos tecnoloxicamente á nova normalidade, polo miúdo ante o empresariado de Santiago
Compartir Este Artigo

