No marco da programación das Festas de Apóstolo de Santiago de Compostela organizadas polo Concello, vaise retransmitir por streaming, este xoves 30 de xullo, o concerto da Real Filharmonía de Galicia dende a praza da Quintana. Farase a través do Facebook e tamén do Youtube.
O recital achégase tamén en formato en liña por mor das medidas de distanciamento aplicadas para atallar a COVID por parte do Concello e a imposibilidade de acadar entrada, debido á limitación do aforamento, para unha boa parte das nosas seareiras e seareiros da música clásica.
Por este motivo, o Concello e a Real Filharmonía xuntan forzas para permitir o máximo seguimento do espectáculo Feliz aniversario, Beethoven!, unha viaxe pola música e a vida do xenial compositor do 250º aniversario do seu nacemento. A batuta levaraa o mestre titular, Paul Daniel, e a actriz María Vázquez será a presentadora.
O concerto da Real Filharmonía nas Festas do Apóstolo retransmítese este xoves por streaming
Compartir Este Artigo

