Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adxudicados oito novos proxectos piloto de tecnoloxía 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adxudicados oito novos proxectos piloto de tecnoloxía 5G

Redacción
Publicado: 30/07/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

200730_f_5g.jpgO Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital adxudicou oito novos proxectos piloto 5G, que teñen un orzamento agregado de case 40 millóns de euros, dos que preto de 12 millóns serán cofinanciados por Red.es, organismo dependente do Ministerio, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Os proxectos desenvolveranse durante 2020 e 2021 en Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia e País Vasco. Permitirán explorar e identificar casos de uso e aplicacións da tecnoloxía 5G en trece sectores diferentes, desde a seguridade, ata a educación e a industria, pasando pola agricultura, o turismo ou a produción de televisión.
O impulso ao despregamento das redes 5G é un dos eixos da estratexia España Dixital 2025, xa que esta tecnoloxía ten unha alta capacidade de contribución á produtividade económica e á vertebración territorial. Segundo datos de 2016 da Comisión Europea, o seu impacto económico suporá investimentos por valor de máis de 5.000 millóns de euros e a creación de máis de 300.000 postos de traballo en España.
Os pilotos serán desenvolvidos por Unións Temporais de Empresas lideradas por diversos operadores de telecomunicacións e subministradores de equipamento e servizos para estas redes. Tamén participan como colaboradores 68 entidades públicas e privadas que experimentarán nas súas aplicacións as tres grandes melloras achegadas pola 5G: banda larga móbil de moi alta velocidade e capacidade, comunicacións ultra fiables e de baixa latencia, e comunicacións masivas máquina a máquina.

Contidos
  • Convocatorias de pilotos 5G
  • A 5G en Galicia

Convocatorias de pilotos 5G

A convocatoria pública de axudas que hoxe se adxudica é a segunda destas características. A primeira foi lanzada tamén por este Ministerio a través de Red.es a finais do ano 2018 por valor de 20 millóns de euros. Entón adxudicáronse dous proxectos que aínda están en marcha en Galicia e Andalucía.
Os proxectos adxudicados permitirán a España seguir liderando o despregamento de redes 5G a nivel europeo, xa que é o país onde existe un maior número de pilotos.

A 5G en Galicia

No proxecto participan Orange, Ericsson, Cinfo, Gamera Nest e Optare Solutions e ten un orzamento de 8.999.369 euros. No ámbito da seguridade, implementarase un sistema de control de acceso á Lonxa do Porto de Vigo, así como un sistema de vixilancia con drons con cámaras de moi alta resolución. Tamén se explorará un sistema que empregue os smartphones 5G dos empregados para o control de acceso seguro ás instalacións e aplicacións corporativas da empresa.
No ámbito do turismo, xerarase unha experiencia turística con realidade virtual para visitas á praza do Obradorio con información en tempo real e vídeo 3D. Tamén se desenvolverán casos de uso no sector agrícola, para optimizar o rendemento das explotacións agrarias; en educación con clases en streaming; gaming para dispositivos móbiles 5G, mellora de experiencia do usuario de redes ultra-rápidas e retransmisión de eventos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?