
A coordinadora principal deste mestrado 4.0 será a profesora do Departamento de Enxeñaría Industrial da Universidade de Nápoles Federico II, Ermina Begovic. O responsable na UDC será o profesor da EPS e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría, Marcos Míguez González. No que atinxe á Universidade de Zagreb, a coordinación recaerá no profesor Jerolim Andric.
O profesor e investigador Marcos Míguez González, quen tamén coordina o grao en Enxeñaría Naval e Oceánica que se imparte na EPS, define esta proposta como “unha oferta formativa única e innovadora a nivel nacional e internacional” xa que non existe en España nin en Europa ningunha outra titulación de mestrado que se centre no estudo e aplicación das tecnoloxías 4.0 e mais na sustentabilidade do sector marítimo.
Pola súa banda, a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, salienta que a concesión da financiamento para a posta en marcha do Máster Erasmus Mundus SEAS 4.0 por parte da Comisión Europea supón “un recoñecemento internacional ao potencial da Universidade da Coruña e, máis concretamente, ao do Campus de Ferrol”.
A UDC acollerá un mestrado internacional centrado no naval 4.0
Compartir Este Artigo

