Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña de fomento do turismo compostelán supera os 5 millóns de impactos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña de fomento do turismo compostelán supera os 5 millóns de impactos

Redacción
Publicado: 06/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1596698781bannera.jpgA nova campaña de promoción turística Santiago de Compostela. A túa historia superou xa os cinco millóns de impactos dende o seu comezo, o pasado 23 de xullo. A campaña ten por obxectivo reactivar a demanda turística da cidade o antes posible no complexo contexto da COVID-19. A campaña terá dúas fases diferenciadas, en función da evolución da situación nos vindeiros meses. A primeira comezou o 23 de xullo e prolongarase durante o mes de agosto.
O obxectivo da primeira fase é facer unha campaña moi segmentada, tendo en contas as limitacións ás viaxes que hai cara España, a situación no propio país con diferencias entre comunidades autónomas, e tamén aos tipos de viaxes que se están facendo no contexto da Covid-19, na maioría de carácter familiar e buscando tranquilidade e seguridade.
A campaña diríxese a todo o mercado español, pero concentrándose nas comunidades autónomas que máis consultas están xerando na oficina de información de Turismo de Santiago dende a súa reapertura o pasado 15 de xuño: Madrid, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Comunidade Valenciana.
A campaña xira arredor de tres eixos, adaptándose ao momento presente: Viaxar en Familia, Parques e xardíns e Gastronomía. O obxectivo é poñer en valor que Santiago é unha cidade para viaxar en familia, verde e cunha gran gastronomía que permite crear a propia historia de cada quen con confianza e seguridade.
A campaña ten unha web de referencia, que se atopa dentro da páxina de Turismo de Santiago, onde os potenciais turistas poden ver toda a oferta da cidade. As principais ferramentas que se empregan son pezas audiovisuais, adaptadas en tempos e formatos aos modos de consumo de Internet e as redes sociais.
A segunda fase da campaña desenvolverase no último trimestre do ano. Terá o mesmo lema: Santiago de Compostela. A túa historia. Pero definirase o momento, as canles e os contidos concretos en base á evolución da situación da pandemia. A intención de Turismo de Santiago é que esta segunda fase da campaña sirva para atraer turistas de cara ao Nadal, pero tamén que sirva para anunciar o comezo do Ano Santo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?