Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo impulsa a dixitalización da información turística en 67 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo impulsa a dixitalización da información turística en 67 concellos

Redacción
Publicado: 06/08/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

inventrip_dsc_0010.jpgA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que dende a Deputación de Lugo se está impulsando a dixitalización da información turística nos 67 concellos da provincia. Para iso, facilitáronselles recursos dixitais, carteis e información dos principais puntos de interese de cada localidade para que distribúan nos lugares e dependencias municipais onde conflúen os visitantes. O obxectivo é ofrecer información atractiva que as persoas que pasan as súas vacacións na provincia poden consultar dende os seus dispositivos electrónicos.
Por un lado, ponse a disposición dos municipios información sobre os puntos de interese que dende a área de Turismo se recapitulou para a dotar de contidos a aplicación Inventrip para móbiles e tablets, dispoñible tanto en galego como en castelán. Así mesmo, fíxoselles chegar cartelería personalizada para cada municipio con enlace a través de código QR á app Inventrip, onde a Deputación ofrece cumprida información sobre os reclamos turísticos de cada localidade. A finalidade é que eses carteis se coloquen en lugares visibles e accesibles aos visitantes, como son as oficinas de turismo, monumentos e lugares de hospedaxe e restauración.
García Porto explica que a dixitalización é unha das follas de ruta principais que segue a área de Promoción do Territorio e Turismo, cun reforzo engadido neste sentido durante a crise sanitaria da COVID-19. “A transformación dixital neste sector non é unha opción, é unha estratexia esencial par dar resposta aos novos segmentos, ás novas necesidades e aos novos comportamentos do turismo”, explica a Deputada. “Somos conscientes de que aos concellos da provincia, sobre todo aos pequenos, cústalles grandes esforzos poder introducir cambios e melloras en materia turística, por iso queremos facilitarlles información e colaborar en todo o que estea ao noso alcance”.
A Deputada subliña que “o turismo camiña cara a integración do viaxeiro na experiencia da viaxe e a tecnoloxía facilita en gran medida a relación que se establece entre o lugar e o visitante, o que unifica as sensacións que experimentamos dende antes de emprender a viaxe, durante a viaxe, e unha vez que volvemos á casa coas maletas cheas de vivencias”.

Aposta polas TIC

A Deputación de Lugo vén promovendo o turismo a través das novas tecnoloxías co obxectivo de facer que a oferta sexa máis accesible e competitiva e mellorar a experiencia do visitante. Nesa liña de acción lanzou dúas aplicacións para dispositivos móbiles que comparten o fin de difundir os atractivos da provincia e incentivar as visitas.
Por un lado, Inventrip, que inclúe información sobre uns 2.500 puntos de interese, incluídos elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artesáns, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos turísticos. Un conxunto de información que lle permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que máis lle interesan ou poder descubrir os recursos que están máis preto da súa posición.
Por outro lado, outra das grandes apostas da Deputación é a app Lugo 360, unha aplicación móbil de balde, que a través da realidade aumentada permite facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través dun dispositivo móbil. Esta é unha iniciativa que reforza o turismo de experiencias e favorece a posta en valor e promoción do inmenso patrimonio cultural e natural da provincia. A app abre unha contorna virtual que lle permite ao usuario unha visita inmersiva a calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra), co fin de motivalo a que faga unha visita real.
Ademais, coa mesma filosofía de dixitalizar o turismo na provincia, a Deputación habilitou na web da área de Turismo un novo espazo destinado ao sector turístico onde profesionais e empresas poden atopar documentación do seu interese. Nel pódese atopar un manual de boas prácticas, recursos de formación, informes de incidencia da COVID-19 no sector e recomendacións da Organización Mundial do Turismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?