Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocan 10 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Convocan 10 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro

Redacción
Publicado: 07/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Consellería de Cultura e Turismo publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de dez bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). A convocatoria ten como obxectivo reforzar a investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.
En concreto, os proxectos para os que se convocan prazas son o Dicionario galego-italiano (Galita), Bibliografía da literatura galega, Corpus de referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa María, Prosa literaria medieval, Terminoloxía científico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala, Proxecto Base de datos do Atlas Lingüístico Románico (ALIR) e Dicionarios de literatura. A duración das bolsas abranguerá do 1 de novembro de 2020 ao 31 de outubro de 2022, cunha retribución mensual de 990 euros.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia desde mañá ao vindeiro 7 de setembro.

Máis de 500 investigadores en 26 anos

O Centro Ramón Piñeiro é un organismo dependente da Consellería de Cultura e Turismo que se encarga de impulsar e difundir proxectos de investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica centrados en Galicia. Actualmente, as súas liñas de traballo xiran arredor da lingüística aplicada, a literatura medieval, a recuperación de publicacións literarias ou a identidade colectiva desde o punto de vista antropolóxico. Desde a súa fundación, hai 26 anos, pasaron máis de 500 investigadores ou bolseiros que formaron parte dos diferentes proxectos de investigación impulsados desde o centro.
Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia, no marco da súa aposta pola formación e excelencia, vén ofertando nos últimos anos un amplo abano de programas formativos en todas as súas áreas. Así, no caso da Consellería de Cultura e Turismo convócanse anualmente máis dun cento de prazas que permiten ampliar a formación e coñecementos nos ámbitos culturais e turísticos con estadías en bibliotecas, arquivos, oficinas de turismo ou universidades, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?