Telefónica segue ampliando a cobertura de fibra óptica (FTTH) en Bóveda coa conexión hoxe de 566 novas vivendas e locais que veñen sumarse ás 289 que xa dispoñen desta tecnoloxía, o que supón a cobertura do 72% do municipio. As novas unidades inmobiliarias en cobertura sitúanse en doce núcleos de poboación (Bóveda, Casanova, Freituxe, Guntín, Mazaira, Mosteiro, Pacio do Río, Rubián, Ver, Martín, Rivas Pequenas e Vilalpape). Tamén se dota de cobertura ao Parque Empresarial de Bóveda.
A posta en cobertura destes fogares, que xa foi comunicada ao alcalde do municipio, José Manuel Arias, significa que poderán gozar da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) simultaneamente sen reducir velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de Movistar+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet. Igualmente conseguirá a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.
Segundo explica o director de Territorio Norte de Telefónica, Javier Zorrilla, «chegou unha infraestrutura de telecomunicacións de última xeración que contribuirá ao benestar dos cidadáns e ao desenvolvemento do municipio. Agradecemos a colaboración e a predisposición do Concello á hora de conceder os permisos necesarios para levar a cabo o despregamento dunha rede que se demostrou fundamental durante a crise da COVID-19».
O despregamento nos novos fogares que entran agora en cobertura está impulsado polo Ministerio de Economía a través do Plan Nacional de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBANG). Telefónica continúa así coa súa política de colaboración público-privada para situar a Galicia á vangarda en infraestruturas de telecomunicacións de última xeración. A finais de 2019, o 35% da poboación da provincia de Lugo contaba con cobertura de fibra óptica (FTTH) de Movistar, o que supuxo un total de 88.703 vivendas e negocios e un 21% máis que no exercicio anterior.
A previsión é que na provincia de Lugo entren este ano en cobertura outras 16875, tamén en núcleos dispersos e orograficamente complexos, aumentando en máis dun 19% a poboación da provincia que poderá gozar da fibra óptica de Telefónica.
O 72% de Bóveda conta con cobertura da fibra óptica de Movistar
Compartir Este Artigo

