Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta facilita ao sector do viño unha ferramenta para levar os seus rexistros de xeito telemático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta facilita ao sector do viño unha ferramenta para levar os seus rexistros de xeito telemático

Redacción
Publicado: 17/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acios_asentos_de_embotellado.jpgA Xunta facilita ao sector do viño a posibilidade de levar os seus rexistros de xeito telemático mediante a aplicación informática Acios (Aplicación Contabilidade Integral Oficial), á que se pode acceder a través da Oficina Virtual de Medio Rural. Con esta ferramenta voluntaria que se pode solicitar en calquera momento contribúese, ademais, ao cumprimento da normativa europea, que establece que as persoas que manexen produtos deste eido teñen a obriga de levar rexistros, entre outros, das súas entradas e saídas.
Coa ferramenta Acios compleméntase o proceso de modernización tecnolóxica que levan protagonizando nos últimos anos as adegas da nosa comunidade, tanto nos seus procesos produtivos como na súa xestión administrativa. Así, a Xunta desenvolveu esta aplicación informática para facilitarlle ao sector a levanza dixital dos rexistros vitivinícolas, coñecidos habitualmente como Libros Rexistro.
Esta aplicación tamén facilitará en próximas versións a importación de datos dende as aplicacións propias de contabilidade das adegas, o tratamento de información para a realización de varias declaracións vitivinícolas (Infovi -sistema de información vitivinícola do Ministerio de Agricultura-, declaracións Fogga), así como a xestión de datos de provedores e confección dos contratos de compra-venda de uva. Tamén permitirá o cálculo de balances dos distintos produtos vitivinícolas que elaboren as empresas.
A Consellería do Medio Rural establecera no seu día normas de aplicación relativas aos rexistros do sector vitivinícola mediante un decreto específico. Esta norma recollía que as persoas físicas ou xurídicas e as agrupacións de persoas que, para o exercicio da súa profesión ou con fins comerciais, tiveran no seu poder un produto vitivinícola, deberían levar unha contabilidade mediante rexistros. Ademais, contemplábase que a dirección xeral competente en materia de calidade agroalimentaria establecería unha aplicación informática de levanza dos rexistros vitivinícolas, que se facilitaría aos operadores comercias que quixeran utilizala.
Con esta aplicación xa en marcha, os interesados en empregala poderán solicitar o seu uso na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde se sitúe a instalación para a que pidan a levanza informática dos rexistros. Na solicitude, que poderán encontrar no anexo desta orde do Diario Oficial de Galicia e presentar en calquera momento do ano, deberán facer constar os Libros Rexistro para os que piden a autorización e os datos das persoas usuarias iniciais que accederán á plataforma. Estas solicitudes débense presentar obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.
Cómpre destacar que o sector vitivinícola é unha peza clave do complexo agroalimentario galego e articúlase fundamentalmente en torno ás cinco denominacións de orixe existentes: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, así como ás catro indicacións xeográficas: Barbanza e Iria, Betanzos, Ribeiras do Morrazo e Val do Miño-Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?