A Asociación Amigus, con sede nas Pontes e centrada en tirar abaixo barreiras entre a cidadanía e as tecnoloxías abertas e construtivas, vai organizar o vindeiro 22 de agosto unha cita activa de divulgación co argalleiro tecnolóxico Álvaro Rey, de MakerGal. A sesión, unha nova entrega das sesións maker dos Amigus Labs, servirá para introducir aos participantes no proceso de creación dun ficheiro GCode dende bCNC e envialo a CNC.
Como lembraremos, por CNC (Control Numérico por Computadora) enténdese, en termos xerais, o proceso para controlar os movementos dunha máquina ou ferramenta a través dunha computadora.
Amigus lembra que a devandita ferramenta bCNC ten entre outras vantaxes a de permitir o control dos CNC para que funcionen a través da placa libre Arduino, empregando o firmware GRBL. Quen precise máis información sobre esta charla gratuíta, pode recadala a través da páxina web dos Labs de Amigus, onde tamén se permite formalizar a inscrición.
Amigus organiza o 22 de agosto unha cita co maker Álvaro Rey
Compartir Este Artigo

