
A Xunta remitiu este verán unha carta aos 28 concellos con esta proposta solicitándolles “que manifestaran o seu interese en participar na iniciativa”. Unha vez se coñezan os municipios interesados se lanzaría unha consulta aberta a operadores.
Unha vez que se lance a consulta, os operadores formularán os posibles plans de equipamento tecnolóxico para os diferentes cascos históricos baseándose nas alternativas que ofrece o Catálogo de Solucións Técnicas, elaborado pola AMTEGA, o operador público RETEGAL e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Como dixemos, para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar (integrado por arquitectos, enxeñeiros de telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en despregamentos de fibra óptica), elaboráronse unha serie de propostas viables e con posibilidade de seren extrapolados a outros conxuntos históricos.
AMTEGA explica que a chegada da fibra ao casco histórico de Santiago é “resultado dun proceso que comezou hai un ano coa elaboración do devandito Catálogo e o posterior lanzamento dunha consulta aberta a operadores”.
Inicialmente sete operadores amosaron o seu interese en presentar proxectos e finalmente, o proceso pechouse coas propostas de R, Telefónica e Orange, valoradas positivamente pola comisión de seguimento da consulta aberta, culminando coa solicitude de licenza por parte deste último o pasado mes de xuño. Este despregue conta cun investimento privado de 2,4 millóns de euros e o seu alcance esténdese a todo o ámbito do Plan Especial do casco histórico.
Coa publicación do catálogo e a apertura da consulta aos operadores, Galicia está a abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata agora non se ofrecera ningunha solución.

A Xunta convida aos concellos con centros históricos a sumarse a unha consulta aberta a operadores para despregar fibra
Compartir Este Artigo

