O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 19 de agosto a resolución das axudas coas que se queren mobilizar 1,3M€ a través do programa ReAcciona, que apoiará máis de 260 proxectos para mellorar a competitividade das nosas empresas. Farase baixo a fórmula do asesoramento especializado en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. As pemes que o desexen poden solicitar ata final de ano os servizos do programa ReAcciona, que está a poñer o foco en responder ás demandas do tecido produtivo no novo contexto da COVID-19.
A iniciativa, que nesta edición conta con 4,2 millóns de euros, enmárcase no IGAPE Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación
Entre os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de mercadotecnia de contidos e o apoio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
Tamén se prestarán servizos de asesoramento para o relanzamento comercial, plans de mellora empresarial, xestión financeira ou análise do potencial competitivo, entre outros. Por sectores, un 35% dos servizos aprobados desenvolveranse no sector servizos; un 25% na industria, un 24% no comercio e a hostalería, un 11% na construción e un 4% no ámbito do transporte e comunicacións.
Na iniciativa colaboran a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e conta co c-ofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa ReAcciona, que conta nesta edición cun orzamento de 4,2 millóns de euros, enmárcase no IGAPE Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación.
ReAcciona apoiará máis de 260 proxectos para mellorar a transformación das pemes
Compartir Este Artigo

