Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 330.000 euros para que os comerciantes e artesáns participen en feiras e eventos en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

330.000 euros para que os comerciantes e artesáns participen en feiras e eventos en liña

Redacción
Publicado: 21/08/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

webminario_artesania_de_galicia.jpgA directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe nun webinario no que informou a comerciantes e artesáns sobre as novas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a comercialización dixital, facilitando así a adaptación aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto xerado pola COVID-19.
A iniciativa, que conta cun orzamento de 330.000 euros, contempla apoios de ata 8000 euros por iniciativa (cun máximo de dúas iniciativas por beneficiario) para a organización de eventos como tendas efémeras, plataformas de marketplace, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial celebrado en liña. Para os participantes neste tipo de actuacións, as axudas poderán alcanzar un total de 6.000 euros.
Ademais, dentro da convocatoria, á cal poderán presentarse solicitudes ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito, tamén se contemplan apoios para actuacións de comercialización física, con ata 8.000 euros para a participación en feiras artesanais ou ata 30.000 euros para a organización destes encontros, dependendo do tipo de solicitante.
Poden beneficiarse das axudas, en concorrencia non competitiva, obradoiros artesáns, asociacións profesionais do sector, e concellos e, no caso de axudas para a comercialización dixital, comerciantes retallistas que empreguen a menos de 20 traballadores. Poderán solicitar anticipos de ata o 50% do importe da axuda, que pode financiar ata o 80% do investimento subvencionable.
Este programa compleméntase con outras iniciativas, como o cheque de dixitalización, que se pode solicitar ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito e que conta con apoios de ata 9.600 euros para que o sector do comercio, as pequenas e medianas empresas e os autónomos poidan incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade no actual contexto económico, prestando especial atención ao tecido empresarial situado no ámbito rural, á economía social e ao fomento do teletraballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?