
Os beneficiarios destas axudas serán organismos de investigación do Sistema Galego de I+D+i, públicos ou privados. Na selección das iniciativas, que se poderán desenvolver ata setembro de 2022, terase en conta “a súa excelencia científico-técnica, a súa implementación e o seu impacto”. GAIN engade que “a intensidade da axuda é do 100%, prevendo pagamentos anticipados de ata a totalidade da axuda en cada anualidade e o prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de setembro”.
A liña de axudas enmárcase nas medidas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), para dar resposta á crise sanitaria e que inclúe actuacións como o apoio a oito solucións innovadoras de pemes e universidades galegas transferibles ao sector da saúde, a industria e o comercio; a nova aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19, Connect-19, ou a celebración do primeiro hackaton virtual en xuño para desenvolver solucións innovadoras que axuden ao tecido empresarial galego a adaptarse á nova realidade.
GAIN achega unha nova liña de 3 millóns de euros para apoiar proxectos anti-COVID
Compartir Este Artigo

