Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os gañadores do certame Lingua de Namorar reciben os seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os gañadores do certame Lingua de Namorar reciben os seus premios

Redacción
Publicado: 24/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20200824_lingua_de_namorar_01.jpgOs seis autores das mellores mensaxes de declaracións de amor en galego na Rede dentro co certame Lingua de Namorar recibiron hoxe o seu premio logo de que o pasado maio o xurado ditaminara os gañadores. Con este certame a Xunta procura dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e na Internet.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregaron aos galardoados o seu premio nun acto que tivo lugar no Pazo de San Roque.
Deste xeito, Cristina Pichel deu as grazas a todos os participantes a este concurso e felicitou aos gañadores pola calidade das mensaxes presentades. Ademais, destacou que este é un concurso que gusta moito entre a xuventude xa que promove a súa creatividade e impulsa o seu talento literario.
Pola súa banda, Valentín García sinalou a importancia deste certame para promover o uso da lingua galega entre os máis novos, o que supón un impulso para que comuniquen e expresen os seus pensamentos e sentimentos no noso idioma propio.

Contidos
  • Premiados e xurado
  • Mensaxes musicadas

Premiados e xurado

20200824_lingua_de_namorar_02.jpgNa primeira categoría de idade (categoría A, de 14 a 19 anos) foron galardoados os traballos Retórica (1º premio, co que Nee Barros, de Marín, Pontevedra acumula xa catro distincións consecutivas neste concurso desde 2017), Primavera (2º premio, para Ana Loureiro, de Caldas de Reis, Pontevedra) e Ao altar (3º premio, para María Femenías, de Foz, Lugo).
Na categoría B (de 20 a 35 anos), recaeron en Ataraxia (1º premio, para Leticia Cid, de San Cibrao das Viñas, Ourense), Un vinilo dos Dire Straits (2 premio, para Denís Vicente, da Guarda, Pontevedra) e Fuxitivas (3º premio, para Silvia Pérez, tamén da Guarda, Pontevedra).
Participaron no xurado (presidido pola escritora Rosalía Morlán) Hugo Lozano e Nerea Pallares, gañadores dos 1º premios Xuventude Crea 2019 nas modalidades de Poesía e Relato Breve, respectivamente; Alicia Padín, en representación da Rede de Dinamización Lingüística; Nancy Domínguez, en representación da Rede Galega de Información Xuvenil; Ángela Fernández, en representación da Consellería de Política Social, e Beatriz Corral, en representación da Consellería de Cultura e Turismo.

Mensaxes musicadas

Tanto as mensaxes gañadoras coma as outras 213 que concorreron aos premios, e que votaron 566 internautas, están dispoñibles vía web, onde tamén podemos atopar vídeos cos traballos gañadores musicados por Xermán Bugallo, gañador do certame Xuventude Crea 2019 na modalidade de Música.


Retórica é un dos traballos galardoados que musicou Xermán Bugallo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?